Monday 06 de May de 2024

Os comercios de Oroso celebrarán o Black Friday regalando castañas asadas aos seus clientes con cada compra


Os comercios de Oroso, en colaboración co Concello de Oroso, sumaranse mañá venres á celebración do Black Friday cun pequeno magosto. Durante toda a fin de semana, os establecementos da vila ofrecerán descontos nas súas compras a todos os clientes. Ademais, durante a xornada do venres, con cada compra os clientes recibirán un vale para canxear por un cucurucho de castañas asadas.

O asador estará situado na Praza de Isaac Díaz Pardo, desde as 16:00 ata as 22:00 horas. Esta acción forma parte dunha colaboración entre os comerciantes e o Concello de Oroso coa que se pretende dar un pulo ao comercio local.